Día de acción por unha banca pública.
O domingo, 25 de marzo a Plataforma Polo Aforro Público convoca en varias vilas e cidades galegas un día de acción pola creación dunha banca pública, ó servizo da economía e democráticamente xestionada pola cidadanía, como instrumento fundamental para promover o emprego, o desenvolvemento económico e un cambio de modelo máis necesario ca nunca.
Fonte: http://todovigo.blogspot.com.es/2012/03/dia-de-accion-por-unha-banca-publica.html
Plataforma Polo Aforro Público:
¿Quenes somos?
Somos un grupo de cidadáns e cidadás profundamente preocupados polo expolio que se está a realizar a todos os galegos coa bancarización das caixas de aforros. Consideramos que non vai axudar a recuperar a economía galega, tan necesitada de crédito, senón todo o contrario: trasvasará recursos públicos e os cartos de todos á banca privada, responsable da crise, de xeito que o noso diñeiro irá ó negocio da economía especulativa e non á economía real, nun momento dunha profunda seca de crédito que está a estrangular a actividade das PYMES.
Fonte: http://aforropublico.wordpress.com/quen-somos-e-que-queremos/

Comentarios recientes